X
  • ¡AVISO!: Le informamos de la existencia de una incidencia con el navegador Chrome en los siguientes servicios de la Sede electrónica:

      - Verificación de documentos (CSV)

      - Alta de expedientes en el procedimiento de Exenciones al SLOT ATFM

    Para poder procesar o consultar sus solicitudes utilice el navegador Firefox en su lugar mientras perdure esta incidencia.

    Disculpe las molestias

Aviso legal

Aviso legal

O establecemento dunha sede electrónica comporta a responsabilidade do titular respecto da integridade, veracidade e actualización da información e os servizos aos que se poida acceder a través dela, de acordo co especificado na Lei 40/2015, de 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, no seu artigo 38.2, relativo a sedes electrónicas.

I. Datos de identificación da sede

Por medio da Resolución de 15 de outubro de 2010 («BOE» de 26 de novembro de 2016), do director xeral-presidente da entidade pública empresarial Aeropuertos Españoles y Navegación Aérea, creouse a sede electrónica da entidade pública empresarial Aeropuertos Españoles y Navegación Aérea.

En virtude do artigo 18.2 da Lei 18/2014, de 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia, a entidade pública empresarial Aeropuertos Españoles y Navegación Aérea (AENA) pasou a denominarse ENAIRE.

Mediante a Resolución de 2 de decembro de 2015 («BOE» de 1 de xaneiro de 2016), do director xeral da entidade pública empresarial ENAIRE, modifícase a de 15 de outubro de 2010, antes mencionada, e créase a sede electrónica da entidade pública empresarial ENAIRE.

Datos do titular da sede:
ENAIRE 
CIF: Q2822001J
Avda. de Aragón, 330 - Edificio B
28022 Madrid

II. Dereitos de propiedade intelectual e industrial

ENAIRE é titular dos dereitos de propiedade intelectual e industrial deste sitio web, así como do seu contido.

Os textos, deseños, imaxes, bases de datos, logotipos, estrutura e os demais elementos deste sitio están protexidos polas leis e os tratados internacionais sobre propiedade intelectual. Calquera reprodución, transmisión, adaptación, tradución, modificación, comunicación ao público ou calquera outra explotación de todo ou parte do contido deste sitio, efectuada de calquera forma ou por calquera medio, electrónico, mecánico ou outro, están estritamente prohibidas salvo autorización previa por escrito de ENAIRE. Calquera infracción destes dereitos pode dar lugar aos procedementos xudiciais que correspondan.

III. Establecemento de ligazóns

Na sede electrónica incluíronse ligazóns a páxinas de sitios webs de terceiros (“Ligazóns”), a maior parte a páxinas doutras administracións públicas, que se consideraron de interese para os usuarios. ENAIRE non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión ou contidos das ligazóns de terceiros ás que se fai referencia na sede electrónica.

Igualmente, ENAIRE non se fai responsable dos contidos que terceiras partes incluísen nas ligazóns ás que se fai referencia nesta páxina.

IV. Privacidade e protección de datos

O tratamento de datos persoais realizado a través desta sede electrónica de ENAIRE regúlase segundo o establecido na normativa europea de protección de datos - Regulamento (UE) 2016/679 – Regulamento xeral de protección de datos (RXPD) - e na demais normativa de aplicación, co obxecto de garantir en todo momento o dereito fundamental á protección de datos das persoas usuarias da sede electrónica.

Este aviso de privacidade e protección de datos é de aplicación ás páxinas desta sede electrónica, non se garante nos accesos a través de ligazóns con este sitio nin ás ligazóns desde este sitio con outras webs.

Datos persoais recompilados

Os datos persoais recompilados a través desta sede electrónica de ENAIRE serán tratados para a correcta xestión dos trámites dispoñibles. Algúns destes datos xa os facilita directamente, por exemplo, cando cobre un formulario de solicitude e outros son obtidos indirectamente con tecnoloxía, como é o caso das cookies. 

Os medios utilizados por ENAIRE para a recollida e o posterior tratamento de datos persoais son:

  • Formularios: a través de formularios tanto dixitais como en formato electrónico ENAIRE recompila datos de carácter persoal para a correcta xestión dos trámites dispoñibles.
  • Correos electrónicos: os enderezos de correo electrónico facilitados na sede electrónica de ENAIRE serán considerados como posibles medios para a recollida de datos persoais.
  • • Cookies: ENAIRE pode utilizar cookies técnicas (pequenos arquivos de información que o servidor envía ao sistema de quen accede á páxina) para levar a cabo determinadas funcións que son consideradas imprescindibles para o correcto funcionamento e visualización desta sede electrónica.

Para máis información véxase: Política de Cookies.

Limitacións no tratamento  

ENAIRE non autoriza os menores de 16 anos a facilitar os seus datos persoais a través dos medios habilitados nesta sede electrónica (a través de calquera dos medios existentes na sede electrónica). Polo tanto, as persoas que faciliten datos persoais utilizando os anteditos medios manifestan formalmente ser maiores de 16 anos, polo que ENAIRE queda eximido de calquera responsabilidade polo incumprimento deste requisito.

Naqueles casos en que os trámites existentes na sede electrónica de ENAIRE estean destinados a menores de 16 anos, habilitaranse os medios para conseguir a autorización dos pais ou titores legais do/a menor.

Información na recollida de datos

Sempre que se proceda á recollida de datos a través dun formulario (en liña ou en formato descargable) ou outras canles de comunicación establecidas na sede electrónica, a persoa afectada será informada segundo o establecido na vixente normativa de protección de datos.

A información ás persoas afectadas será facilitada segundo o medio utilizado:

  • Formularios (en liña e formato descargable): a información estará incluída no propio formulario.
  • Correos electrónicos: a información estará indicada no espazo web onde se fai referencia ao enderezo electrónico
  • Cookies: a información está dispoñible na política de cookies.

A persoa usuaria responsabilízase da veracidade e exactitude dos datos persoais facilitados. No suposto de producirse algunha
modificación nos datos da persoa usuaria, eses cambios deberán ser comunicados a ENAIRE co fin de mantelos
actualizados.

Medidas de seguridade 

ENAIRE adopta as medidas de seguridade adecuadas de acordo co previsto na vixente normativa de protección de datos co fin de garantir o dereito fundamental á protección de datos das persoas usuarias desta sede electrónica.

ENAIRE aplica as medidas técnicas e organizativas apropiadas para garantir un nivel de seguridade adecuado ao risco ao que están expostos os datos persoais tratados nesta sede electrónica.

Dereitos

As persoas afectadas teñen dereito a acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como outros dereitos, ante a Unidade Central de Protección de Datos de ENAIRE (UCPD), Avda. de Aragón 330 Edificio B - 28022 MADRID (Madrid), ou a través da administración electrónica de ENAIRE (enaire.sede.gob.es).
Os dereitos das persoas afectadas son:

  • Obter confirmación sobre se ENAIRE está tratando os seus datos persoais.
  • Acceder aos seus datos persoais, así como solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, se é o caso, solicitar a supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins para os que foron obtidos.
  • Solicitar en determinadas circunstancias:
    • A limitación do tratamento dos seus datos, en cuxo caso só serán conservados por ENAIRE para o exercicio ou a defensa de reclamacións.
    • A oposición ao tratamento dos seus datos, en cuxo caso ENAIRE deixará de tratar os datos, salvo por motivos lexítimos imperiosos ou o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións. Incluído o tratamento dos seus datos para decisións individuais automatizadas.

Se no exercicio dos seus dereitos non foi debidamente atendido poderá presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos – Enderezo: C/ Jorge Juan, 6 - 28001 MADRID (Madrid) – Sede electrónica: sedeagpd.gob.es.

V. Dereito aplicable e xurisdición competente

A lei aplicable en caso de disputa ou conflito de interpretación dos termos que conforman este aviso legal, así como calquera cuestión relacionada cos servizos da presente sede, será a lei española.

Para a resolución de calquera conflito que poida xurdir con motivo da visita á sede ou do uso dos servizos que nela se ofertan, ENAIRE e o usuario acordan someterse aos xuíces e tribunais do domicilio do usuario, sempre que este estea situado en territorio español.