Formulario de uso de exención ao SLOT ATFM

Exención de franxa de saída (Slot ATFM) para voo médico e/ou humanitario

OBXECTO

Os voos IFR con saída nos aeroportos situados no territorio español terán exencións ATFM, tal e como establece o artigo 29 do Real decreto 1180/2018.

Particularmente para facer uso das exencións ATFM con designador STS/ATFMX nos supostos seguintes:

  1. Os voos médicos especificamente declarados polas autoridades sanitarias, incluídos os de traslado de órganos ou equipos para transplante e os voos de posicionamento se o require a situación (designador «STS/HOSP»).
  2. Os voos que operen por razóns humanitarias (designador «STS/HUM»).

O operador do voo deberá presentar ante ENAIRE o formulario de Exención de franxa de saída (Slot ATFM) para voo médico e/ou humanitario, a través do botón «ACCEDER AO PROCEDEMENTO», facilitando información completa sobre a operación, así como a acreditación da natureza e urxencia do voo mediante certificación, segundo proceda, do equipo médico que atende o paciente (certificado médico) ou responsable do transplante (certificado de operación de transplante), ou das axencias das Nacións Unidas ou outras organizacións responsables dos programas ou actuacións humanitarias en que se incardinan os voos. Para este último caso, tamén se pon a disposición do operador un formato de certificado para utilizar no caso de que non se dispoña dun propio (Certificado de actuacións humanitarias).

PRAZO DE PRESENTACIÓN

O formulario e documentación deberá presentarse con 24 horas de antelación á saída ou, excepcionalmente, cando a natureza do voo non permita a devandita antelación como moi tarde nas 72 horas seguintes.

PROCEDEMENTO
 
Pode consultar o procedemento completo en Procedemento de solicitude de exencións ATFM.
Documentación que hai que facilitar: Modelos de certificados para completar e anexar.

Certificado médico.

Certificado de operación de transplante.

Certificado de actuacións humanitarias.

PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento: ENAIRE. | Finalidade: Tramitar e xestionar a solicitude de exención de franxa de saída (Slot ATFM) para voo médico e/ou humanitario. | Lexitimación: O tratamento é necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento: Regulamento (UE) núm. 255/2010. | Destinatarios: Están previstas comunicacións de datos á AESA, así como ás diferentes axencias e organismos competentes tanto dentro da Unión Europea como fóra desta en función dos requirimentos de seguridade aérea. | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, así como outros dereitos previstos na vixente normativa de protección de datos, cando procedan, ante a Unidade Central de Protección de Datos de ENAIRE (UCPD) - Avda. de Aragón, 330 – Edificio 2 - 28022 Madrid ou a través da Sede Electrónica (enaire.sede.gob.es).

Información adicional: Poderá consultar información adicional na seguinte ligazón.