X
  • ¡AVISO!: Le informamos de la existencia de una incidencia con el navegador Chrome en los siguientes servicios de la Sede electrónica:

      - Verificación de documentos (CSV)

      - Alta de expedientes en el procedimiento de Exenciones al SLOT ATFM

    Para poder procesar o consultar sus solicitudes utilice el navegador Firefox en su lugar mientras perdure esta incidencia.

    Disculpe las molestias

Consultas, queixas ou suxestións relativas a ENAIRE

Procedemento para a presentación de consultas, queixas ou suxestións.
Información adicional do procedemento de consultas, queixas e suxestións.
Impreso para a presentación en soporte papel

Obxecto

A través deste procedemento, poderá formular as consultas, queixas ou suxestións que considere sobre os servizos prestados por ENAIRE.

ENAIRE marcou como obxectivo mellorar día a día a calidade dos servizos que ofrece aos seus clientes. As súas contribucións son vitais para a mellora da calidade dos nosos servizos. 

Na seguinte ligazón pode acceder á  Carta de Servizos de ENAIRE, na que se inclúe información detallada sobre os servizos prestados por ENAIRE e cales son os principais compromisos e indicadores de calidade que se relacionan con estes servizos.

Teña en conta

Se desexa presentar unha  reclamación, deberá realizala a través do procedemento de reclamacións de responsabilidade patrimonial.

Se a reclamación é relativa á facturación de taxas de navegación aérea (taxas de ruta e aproximación), deberá facela directamente en Eurocontrol accedendo á seguinte ligazón www.eurocontrol.int/crco.

Se é cliente do sector aeronáutico (compañías aéreas, operadores aeroportuarios, pilotos e organizacións do sector), pode utilizar o seguinte enderezo electrónico: clientes@enaire.es.

Órgano responsable

División de Clientes e Responsabilidade Social Empresarial

Correo postal: Parque Empresarial Las Mercedes
Avenida de Aragón S/N, Bloque 330, Portal 2, 28022, Madrid.
Entrada pola calle Campezo, 1, 28022, Madrid.

Protección de datos

Responsable do tratamento: ENAIRE |Finalidade: Tramitar e xestionar a consulta, queixa ou suxestión presentada. |Lexitimación: O tratamento dos datos baséase no artigo 6.1) do RXPD: normativa reguladora do procedemento administrativo (Lei 39/2105, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas) e, cando sexa de aplicación, a normativa medioambiental. |Destinatarios: Os datos non serán cedidos a terceiros agás obriga legal. |Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, ante a Unidade Central de Protección de Datos de ENAIRE (UCPD) - Avda. de Aragón 330 - Edificio B - 28022 MADRID (Madrid) ou a través da sede electrónica (enaire.sede.gob.es). |Información adicional: Poderá consultar a información adicional na seguinte ligazón Anexo I – Información adicional – Protección de datos.

Formas de presentación da solicitude

Tramitación en papel. Pode utilizar o seguinte impreso e entregalo nunha oficina de rexistro.                 Tramitación electrónica. Prema na seguinte ligazón