X
  • ¡AVISO!: El sábado 20 de abril de 2024, entre las 8:00 y las 14:00 horas, se pueden producir fallos en la autenticación y firma con certificados emitidos por la FNMT por intervención en sus Sistemas.

  • ¡AVISO!: Le informamos de la existencia de una incidencia con el navegador Chrome en los siguientes servicios de la Sede electrónica:

      - Verificación de documentos (CSV)

      - Alta de expedientes en el procedimiento de Exenciones al SLOT ATFM

    Para poder procesar o consultar sus solicitudes utilice el navegador Firefox en su lugar mientras perdure esta incidencia.

    Disculpe las molestias

Exención de franxa de saída (Slot ATFM) para voo médico, humanitario e/ou de traslado crítico de vacina

Formulario de uso de exención ao SLOT ATFM

OBXECTO

Os voos IFR con saída nos aeroportos situados no territorio español terán exencións ATFM, tal e como establece o artigo 29 do Real decreto 1180/2018.

E segundo estableceu a Célula Europea de Coordinación de Crises de Aviación (EACCC) o día 12/01/2021, inclúese o uso de exencións ATFM para voos críticos que transporten vacinas COVID-19.

Particularmente para facer uso das exencións ATFM con designador STS/ATFMX nos supostos seguintes:

  1. Os voos médicos especificamente declarados polas autoridades sanitarias, incluídos os de traslado de órganos ou equipos para transplante e os voos de posicionamento se o require a situación (designador «STS/HOSP»).
  2. Os voos que operen por razóns humanitarias (designador «STS/HUM»).
  3. Os voos que operen para o transporte de vacinas e que se consideren críticos, aqueles cuxa demora podería pór en risco a vacina (designador «RMK/VACCINE»).

O operador do voo deberá presentar ante ENAIRE o formulario de Exención de franxa de saída (Slot ATFM) para voo médico, humanitario e/ou de traslado crítico de vacina, a través do botón «ACCEDER AO PROCEDEMENTO», facilitando información completa sobre a operación, así como a acreditación da natureza e urxencia do voo mediante certificación, segundo proceda, do equipo médico que atende o paciente (certificado médico) ou responsable do transplante (certificado de operación de transplante), ou autorización por parte da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS) (Autorización de traslado crítico de vacinas1) ou das axencias das Nacións Unidas ou outras organizacións responsables dos programas ou actuacións humanitarias nas que se incardinan os voos. Para este último caso, tamén se pon a disposición do operador un formato de certificado para utilizar en caso de non se dispor dun propio (Certificado de actuacións humanitarias).

PRAZO DE PRESENTACIÓN

O formulario e documentación deberá presentarse con 24 horas de antelación á saída ou, excepcionalmente, cando a natureza do voo non permita a devandita antelación como moi tarde nas 72 horas seguintes.

PROCEDEMENTO
 
Pode consultar o procedemento completo en Procedemento de solicitude de exencións ATFM.

Documentación que hai que facilitar:

a) modelos de certificados para completar e anexar.

Certificado médico.

Certificado de operación de transplante.

Certificado de actuacións humanitarias.

b) Outros documentos para anexar

* Autorización de traslado crítico de vacinas.1

PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento: ENAIRE. | Finalidade: tramitar e xestionar a solicitude de exención de franxa de saída (Slot ATFM) para voo médico, humanitario e/ou de traslado crítico de vacina. | Lexitimación: o tratamento é necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento: Regulamento (UE) núm. 255/2010. | Destinatarios: están previstas comunicacións de datos á AESA, así como ás diferentes axencias e organismos competentes tanto dentro da Unión Europea como fóra desta en función dos requirimentos de seguridade aérea. | Dereitos: acceso, rectificación, supresión, así como outros dereitos previstos na vixente normativa de protección de datos, cando procedan, ante a Unidade Central de Protección de Datos de ENAIRE (UCPD) - Avda. de Aragón, 330 – Edificio 2 - 28022 Madrid ou a través da sede electrónica (enaire.sede.gob.es).

Información adicional: poderá consultar información adicional na seguinte ligazón.

 

 

 

 

1 A autorización de traslado crítico de vacinas deberase solicitar á Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS) a través do enderezo electrónico logvac@aemps.es, segundo os NOTAM B0623-21 e B0624-21.